jueves, 7 de marzo de 2013

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como cada 8 de marzo, nos centros de ensino conmemórase o Día Internacional da muller. O tema elixido este ano é “Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para rematar coa violencia contra as mulleres”. Preme nas imaxes para ver diferentes LIM para traballar este día nas aulas.


GALEGAS E MARÍAS

LIM creado coa intención de servir como material de apoio para traballar a historia de Galicia. Un dos obxectivos da E.P. é o de coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galegas.

Muller e ciencia

Este libro LIM foi creado coa intención de servir como ferramenta para abordar a
contribución das mulleres á ciencia.
Un dos obxectivos da educación primaria é o de desenvolver unha actitude contraria aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.

Clara Campoamor e o sufraxio feminino en España

Este libro LIM foi creado para traballar o tema do dereito ao voto feminino, partindo da
figura de Clara Campoamor e a súa reivindicación do mesmo.
Un dos obxectivos da educación primaria é o de coñecer e comprender as diferenzas
entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario