Matemáticas interactivas en Educación Infantil dunha forma divertida e orixinal. Xogos de numeración, lonxitude, cores, tamaños, formas, operacións, ... Preme na imaxe para acceder ao exercicio.
Aquí tedes unha serie de actividades interactivas que nos servirán para traballar con euros. SUMAR E RESTAR EUROS
Esta actividade permite sumar e restar euros, as cantidades sumadas podemos facer que aparezan coma céntimos ou coma euros. Trabállase soamente con moedas. CONTAR EUROS
Nesta actividade tedes que contar tódolos euros que aparecen e dicir a cantidade total.
Con este xogo, os rapaces traballarán as táboas de multiplicar dunha forma divertida e sinxela. As aventuras dun superheroe servirán para que ás matemáticas sexan atractivas para eles. PREME AQUÍ PARA COMEZAR O XOGO
Xenial xogo diseñado por Antonio Salinas para vedoque, no que nos mostra de forma sinxela o traballo con fraccions que tantas veces se lle antraganta aos nenos. Premer aquí .
Por outra banda, aquí tendes un enlace para ordenar fraccións da Consellería de Educación.
Este xerador on-line de operacións matemáticas, servirá como un extra de motivación para os que están cansos de facer as operacións nun papel. Selecciona o tipo de operación e o modo de resolución e deixa que os nenos/as fagan o resto.