miércoles, 7 de diciembre de 2011

COMEZAMOS

Despois de varios anos no mundo da docencia, e concretamente como profesor de Pedagoxía Terapéutica, chegou o momento de plasmar nun blog todas aquelas ferramentas que me serviron e me serven para manter a motivación de esos/as rapeces/as con dificultades aos que lle intento inculcar un hábito de traballo constante para mellorar o seu rendemento escolar.
Estas ferramentas, algunha de elaboración propia, e moitísimas recopiladas de innumerables persoas e institucións do ámbito educativo, serán de gran axuda a profes, país/nais e alumnos/as para traballar de forma amena aquelas áreas nas que se precise reforzar.
Reforzó PT, nace entón coma unha plataforma aberta a todo tipo de colaboracións para conseguir que o proceso de ensino-aprendizaxe dos nosos alumnos/as ou fillos/as sexa o máis satisfactorio posible.
Sen máis, agradecer a tódolos profesionais docentes ou no docentes por compartir o seu material, que seguro que entre todos darémoslle o uso que se merece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario